Contacto

C.D. CHOCO Redondela
 
Teléfono: 986400606

Fágase socio.

Chame o teléfono 986400606

O ben utilice o noso formulario de contacto.

Tenda online do Choco

Canle de Youtube

Noticias

Tweets de CDChoco @CDChoco

         C.D. CHOCO 2016/17

Choco 2 - Negreira 0

Choco:
Cortegoso, Gonzalo, Javi González, Lucas, Gándara, Alberto Suárez (Moli, min. 84), Marcos Pérez (Caloi, min. 64), Gabi Misa, Comis, Ricar (Silva, min. 73), Félix. 
Negreira:
Mario Barreiro, Pignol, Rendo, Roberto Amoedo, Santaló, Cao, Cea (Pedrosa, min. 80), Juan López (Liñares, min. 67), Tato (Sergio González, min. 59), Betúa, Stefan. 
Goles:
1-0, min. 36: Gabi Misa; 2-0, min. 73: Gabi Misa, de penalti. 
Árbitro:
Alexandre López. Mostró cartulina amarilla a Cea, Santaló, Stefan, Rendo, Pignol. 
Incidencias:
Partido disputado en Santa Mariña. 

Cerceda 2 - Choco 3

Cerceda: 
Marcos Valín, Javi Otero, Juan Pérez, Angeriz, Marcos Caridad, De la Puente, Adrián Martínez (Pablo Varela, min. 75), Agulló, Álex Ares (Cañizares, min. 80), Carlos López (Abelenda, min. 66), Uxío. 
Choco:
Cortegoso, Gonzalo, Javi González, Lucas, Gándara, Caloi, Rober (Marcos Pérez, min. 75), Gabi Misa (Alberto Suárez, min. 77), Comis, Félix Rial, Ricar (Oki, min. 62). 
Goles:
1-0, min. 4: Ares; 2-0, min. 40: Agulló; 2-1, min. 47: Lucas; 2-2, min. 75: Comis; 2-3, min. 89: Félix. 
Árbitro:
Alejandro Ferreiro. Expulsó por doble amonestación a Angeriz (min. 88). Amonestó a Adrián Martínez, De la Puente y Agulló por el Cerceda y a Rober, Gándara, Gabi Misa y Oki por el Choco. 
Incidencias:
Campo de O Roxo, en Cerceda. 

Choco 1  - Vilalbés 1

Choco:
Cortegoso, Gonzalo, Javi González (Marcos Pérez, min. 70), Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober (Gabi Misa, min. 70), Caloi, Félix, Oki (Comis, min. 57), Silva. 
Racing Vilalbés:
Marcos Souto, Cabarcos, Hugo Criado, Pardeiro, Álex Pérez, Javi Varela, José Varela (Rubén Gómez, min. 81), David García, Gerardo (Pablo Vivero, min. 88), Villares, Sergio Arias (Montes, min. 88). 
Goles: 
0-1, min. 57: Villares; 1-1, min. 92: Félix Rial. 
Árbitro:
Adrián García Rodríguez. Mostró cartulina amarilla a Rober y Javi González por el Choco y a Javi Varela en el Vilalbés. 

Choco 1 - Rápido 2

Choco: 
Cortegoso, Yago Vázquez, Javi González (Gonzalo, min. 82), Lucas, Gándara, Alberto Suárez (Oki, min. 56), Gabi Misa, Caloi, Comis, Félix (Óscar Pérez, min. 72), Silva.
Rápido de Bouzas:
Diego García, Jesús Varela, Portas (Rocha, min. 62), Vieytes, Cotilla, Yago Pérez, Nico (Rulo, min. 70), Diz, Carlos Pereira (Tomás, min. 77), Nando, Pablo Carnero. 
Goles:
0-1, min. 12: Pablo Carnero; 0-2, min. 31: Pablo Carnero; 1-2, min. 60: Vieytes, en propia puerta. 
Árbitro:
Julio José Martínez. Mostró cartulina amarilla a Javi González, Caloi, Gándara y Oki por el Choco y a Vieytes, Jesús Varela, Diz y Yago Pérez por el Rápido.  

Os pequenos trocan de grupo

Seis equipos da canteira (uns 70 xogadores) remataron a súas ligas e nos vindeiros días comezaran a segunda parte da tempada ante novos rivais

A canteira do Choco viviu estes días o seu particular ecuador da tempada co remate dos grupos de Segunda categoría en alevín, benxamín e prebenxamín de fútbol 8. En función dos resultados obtidos e da clasificación, a Federación Galega de Fútbol elaborará os novos grupos e os equipos de cativos do club iniciarán a segunda parte do curso con ilusións renovadas e ante novos rivais. 

Os tres equipos alevíns de Segunda categoría finalizaron na sexta (equipo B), na quinta (equipo C) e na décimo terceira (equipo D) posición. Esta idade é na que a entidade de Redondela dispón de máis cativos porque, ademais, o equipo A está na primeira categoría. 

Na categoría benxamín as posicións obtidas foron a quinta (Choco B) e a décimo terceira (Choco C). Entre os prebenxamíns, o equipo B do Choco rematou na undécima posición. Todos estes equipos serán reubicados agora en novos grupos para tratar de formar unha competición máis homoxénea con formacións dun nivel parecido.

Deste xeito, os máis cativos da entidade poderán seguir gozando do fútbol e, en moitos casos, da súa primeira tempada coa camisola do Choco ante rapaces dun nivel similar e evitar así encaixar grandes goleadas a favor ou en contra. En todo caso, para os pequenos xogadores o importante é pasar bos momentos co fútbol e mellorar as súas habilidades como xogadores e tamén as sociais. O resultado pouco importa entre os máis cativos. 

O Choco colabora coas escolas

O club imparte a introdución ó fútbol como actividade extraescolar nos centros escolares de Reboreda e A Marisma, en Redondela

O Choco, na súa vertente formativa, encárgase dende hai catro anos da actividade de iniciación ó fútbol nos centros escolares de Reboreda e A Marisma, no centro de Redondela. Os adestradores da entidade acoden un día a semana ós dous centros para pasar unha hora cos rapaces. 

Juan Amoedo, o encargado da actividade, explica que “sobre todo é que os rapaces aprendan a facer actividades en grupo e poidan relacionarse entre eles”, isto é debido a que “son moi pequenos e moitos descobren o xogo por primeira vez e teñen poucas habilidades. Inícianse con nós e, ó final de ano, é bonito ver os seus avances”. 

O grupo de Redondela está composto por 15 cativos e hai 17 no de Reboreda. Os adestradores, ademais de Juan Amoedo, son Fernando e Eloy. A actividade inclúe unha exhibición cada tres meses no campo de Santa Mariña para que os pais poidan acudir a ver os avances dos pequenos. “Cada tres meses os xuntamos nunha exhibición e os pais poden ver os avances”. 

Dende os 3 ós 7 anos
Os escolares que acoden a actividade extraescolar de fútbol teñen entre os 3 e os 7 anos, aínda que a maioría non supera os 5. De feito, cada ano a renovación e case total porque non repiten o 80% dos cativos ó pasar a idade. Juan Amoedo conclúe que “e unha satisfacción ver a súa evolución durante o ano. Ós principio tes que explicar que o balón, cando está no chan, non se colle coa man. Pero, o final, deixan unha gran sensación”.  

Vilalonga 2 - Choco 3

Vilalonga: 
Iván Parada, Lezcano, Bisti, Renda, José Nuñez, Manuel Santos, Javi Pazos (Paredes, min. 46), Pablo Mota (Padín, min. 69), Ramilo (Álvaro, min. 75), Filgueira, Rubén González.
Choco: 
Cortegoso, Yago Vázquez, Javi González, Lucas, Gándara, Alberto Suárez (Caloi, min. 61), Rober (Marcos Pérez, min. 43), Gabi Misa, Comis, Félix (Óscar Pérez, min. 71), Silva.
Goles: 
1-0, min. 53: Paredes; 2-0, min. 56: Paredes; 2-1, min. 66: Yago Vázquez; 2-2, min. 75: Javi González; 2-3, min. 89: Silva.  
Árbitro: 
Mazaira Rodríguez. Expulsou a Rubén González por dobre amonestación (min. 87) e a Bisti por cartón vermello directo (min. 87). Amonestou a Iván Parada, Pablo Mota, Álvaro Fernández; Alberto Suárez, Javi Freire, Yago Vázquez, Óscar Pérez, Comis e Marcos Pérez. 
Incidencias:
Campo de San Pedro. 

Choco 4 - Ordes 1

Choco:
Cortegoso, Gonzalo (Javi González, min. 27), Yago Vázquez, Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober (Marcos Pérez, min. 44), Gabi Misa, Comis, Félix, Silva (Óscar Pérez, min. 77). 
Ordes:
Castelos, Boo (Soucase, min. 74), Vidal, Alberto Varela, Rubén Caamaño, Melgarejo, Monroy, Misik (Puyi, min. 12), Aparicio, Vilas (Caicedo, min. 36), Abel Torres. 
Goles:
1-0, min. 19: Rober; 2-0, min. 44: Silva; 3-0, min. 51: Comis; 3-1, min. 57: Monroy; 4-1, min. 80: Félix. 
Árbitro:
Manuel Casanova. Mostró cartulina amarilla a Puyi, del Ordes. 

O regreso de Silva

O dianteiro saíu no equipo titular por primeira vez esta tempada o pasado domingo ante o Arosa e prepara en solitario o seguinte partido tras superar unha lesión 

O Choco está na parte baixa esta tempada, pero o pasado domingo viviu unha gran nova tras moitos meses de espera. O dianteiro Diego Silva, referencia do equipo, saíu no equipo titular por primeira vez nesta tempada, xusto no comezo da segunda volta. 

O futbolista superou unha pubalxia que arrastraba dende o pasado curso cando no último partido de promoción de ascenso tivo que ser cambiado na primeira metade. A partir de aí comezou un particular calvario de seis meses de duración. A pesar de estar co equipo dende o inicio de curso, pasou todo un proceso de rehabilitación ata volver o pasado mes de decembro no que xogou ata seis partidos, todos saíndo dende o banco de suplentes debido a súa limitada condición física. Tras traballar durante o Nadal, Silva saíu no equipo titular o pasado domingo. 

O xogador indicou que as sensacións “foron moi boas. Pensei que non ía aguantar os noventa minutos, pero viña de xogar un partido amigable ante o Arcade, atopeime moi ben. Estou moi ben”. O Choco perdeu o partido (2-3), pero Silva marcou un dos goles da formación de Marcos Montes e xa suma tres. Os outros dous foron saíndo dende o banco. 

Semana de preparación en solitario
Silva prepara con ilusión o partido deste domingo no que o Choco recibe en Ordes en Santa Mariña (17:00).
O equipo precisa a vitoria para saír do descenso ante un rival directo e o dianteiro afronta unha semana de traballo en solitario. Debido a que traballa en quendas, o xogador está en horario de tarde e ten que facer unha preparación en solitario en horario de mañá. Son os condicionantes do fútbol amateur, pero Marcos Montes xa sabe que pode contar co seu dianteiro de referencia nas últimas tempadas.

María Figueroa, protagonista no estreo da canle de Youtube

Unha entrevista sobre a evolución da xogadora cadete do club serve para dar a coñecer unha nova canle de comunicación da entidade

O Choco dá un paso máis na súa comunicación co lanzamento oficial da canle de Youtube do club e, con motivo deste feito, a entidade escolleu unha entrevista coa futbolista cadete María Figueroa, un dos símbolos da canteira da entidade. 

María Figueroa foi designada mellor deportista promesa na gala do deporte de Redondela 2016 e, ademais, é unha futbolista habitual nas convocatorias das seleccións galegas. A xogadora comezou no club irmán do Casa Paco dende ben pequena e pasou por todas as categorías inferiores da entidade. É de Redondela e o seu irmán tamén está enrolado no Choco, polo que reúne tódolos valores da entidade. 

Na entrevista, a futbolista conta os seus inicios no fútbol, os plans de futuro e tamén as sensacións vividas cando recolleu o galardón na gala do Deporte de Redondela. Ademais, tamén explica o momento especial vivido cun gol un pouco inesperado. 

Presente, historia e participación
A canle de Youtube do Choco buscará converterse nunha canle de comunicación constante da entidade futbolística. O club tentará contar historias e pretende ir máis alá do primeiro equipo. Haberá contidos do grupo de Terceira División, pero tamén cousas de canteira, historia e entrevista con persoas relevantes na historia da entidade. A entidade tamén quere animar ós afeccionados a colaborar coa canle e compartir os vídeos que tomen de partidos ou de momentos relacionados co club. Deste xeito, entre todos poderase crear unha rede audiovisual choqueira. 

Canal de Youtube: Choco Club Deportivo

Tenda online para o Choco

O club e a web esportclub.es chegan a un acordo polo que os seguidores, socios e xogadores do Choco poden beneficiarse de descontos no 'site' do club

O Choco e a web esportclub.es asinaron un convenio de colaboración polo que os seguidores que entren á web entidade (http://cdchoco.esportclub.es/) poderán de gozar de descontos e promocións especiais en todos os produtos da tenda online que inclúen as primeiras marcas no mundo de deportes. 

O modo para acceder a tenda online con beneficios é o seguinte:
1. Acceder a web http://cdchoco.esportclub.es/ ou clickar no enlace dispoñible na web do club ou nas súas redes sociais. 
2. Darse de alta mediante a intruducción dun e-mail e un contrasinal.
3. Mercar o que se desexe. 

A partir de aquí o comportamento da web é como calquera tenda online deportiva. O catálogo de produtos dispoñible e moi amplo. Existe unha sección de fútbol con botas e todo tipo de material para este deporte (guantes, espinilleiras, camisolas...) Ademais tamén se poden atopar complementos como bolsas, zapatillas de rúa ou deportivas, e mesmo material especializado doutros deportes. O seu público vai moito máis alá do fútbol. 

O catálogo de marcas que se pode atopar na tenda online do Choco son de primeiro nivel como Adidas, Nike, Lotto, Joma, Vans, Kempa, Umbro, Asics, New Balance, Salming... 

Iván Crespo 
O presidente do Choco, Iván Crespo, indicou que “é un paso máis que damos como club. A tenda online servirá os nosos propios xogadores, pero tamén a tódolos seareiros e afeccionados ó deporte. A gama de produtos é moi longa, ten cousas de fútbol, pero tamén doutros deporte e, incluso, roupa de rúa. Ademais, ó acceder dende o site do Choco entrase nunha zona con descontos especiais”. 

Arosa 3 - Choco 2

Arosa: 
Roberto Pazos, Fran Matos, Jesús Martínez, Rivas, Aitor Díaz, Óscar Iglesias, Sylla, Sergio Santos, Julio Rey (Sidibé, min. 85), Manu Justo (Eloy Fariña, min. 53), Hugo Soto. 
Choco:
Cortegoso, Gonzalo, Yago Vázquez, Lucas, Gándara (Alberto Rey, min. 77), Alberto Suárez, Rober, Gabi Misa (Óscar Pérez, min. 85), Comis, Marcos Pérez (Félix, min. 69), Silva. 
Goles:
1-0, min. 18: Sylla; 1-1, min. 29: Comis; 1-2, min. 31: Silva; 2-2, min. 43: Manu Justo; 3-2, min. 78: Pablo Rivas. 
Árbitro:
Javier González. Amosou cartón amarelo a Óscar Iglesias, Aitor Díaz, Roberto Pazos e Sergio Santos polo Arosa e a Silva, Gabi Misa e Gonzalo, do Choco. 

Javi González chega ó Choco

O futbolista vigués, de 22 anos, ocupa a posición de central e procede do Coruxo

O Choco comezou os movementos no mercado de inverno e esta semana pechou a incorporación de Javier González Freire 'Javi González', que chega ó club de Redondela procedente do Coruxo de Segunda División B. O futbolista, de 22 anos, ocupa a posición de central. 

A pesar da súa curta idade, o defensor dispón dunha temporada e media de experiencia en Segunda División B. O pasado ano militou no Compostela co que xogou cinco partidos como titular. Este curso firmou polo Coruxo e na primeira volta gozou de poucas oportunidades, aínda así acumulou un total de 365 minutos en seis partidos. 

Deste xeito, o central chega nun bo momento de forma para estar de inmediato ás ordes de Marcos Montes. Con esta incorporación, o Choco reforza o centro da defensa tras confirmarse a baixa de larga duración de Xesús Carballido 'Suso'. 

Traxectoria de Javi González: Coruxo (2016), Compostela (2015/2016), Alondras (2013/2015), Areosa (canteira). 

O debut de Erik Penedo

O preparador físico do Choco, de 23 anos, fixo a súa primeira exposición pública nunha xornadas de formación da Asociación de Clubes Galegos de fútbol

O Choco viviu un momento especial e non foi no terreo de xogo. O preparador físico do club e do primeiro equipo, Erik Penedo, tivo a oportunidade de realizar o seu primeiro relatorio público no congreso de formación de monitores de fútbol base organizado pola Asociación de Clubes Galegos de Fútbol, que se realizou o mércores en Santiago. 

Erik, de soamente 23 anos, tiña como título da súa intervención '¿Cómo prevenir lesiones en el trabajo con las categorías inferiores? O ofrecemento chegou pola organización de clubes e o preparador aceptou con moita satisfacción. Deste xeito, compartiu cartel co coñecido psicólogo deportivo, Joaquín Dosil, que colabora co Celta de Vigo, e co preparador físico, Ezequiel Rey. 

“Ó comezo estaba nervioso, pero xa teño gañas da seguinte”
Erik Penedo recoñeceu que aceptou ó escoitar a invitación e explicou que “estaba un pouco nervioso ó comezo, pero despois xa foi todo ben” e engadiu que “xa teño gañas de facer a seguinte, falar destes temas é o meu”. 

Erik Penedo, de soamente 23 anos, ten unha sólida formación. É graduado en Deporte, ten un Máster en investigación de Ciencias do Deporte e outro Máster en prevención e readaptación de lesións pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF). 

Un luxo para o Choco
O Choco está na Terceira División pero coida tódolos seus estamentos e traballa con técnicos de alto nivel. De soamente 23 anos, tamén é un canteirán da entidade e enche de orgullo a toda a familia da entidade. Formar profesionais tamén é facer canteira e, deste xeito, todo o Choco estaba onte empurrando no seu particular debut público a Erik Penedo.

O Choco chega a Senegal

O Choco dona equipaxes e, grazas a ONG Da Man, arroupan ós nenos do país africano

O Choco e a ONG Da Man colaboraron nos últimos meses para facer chegar unhas equipacións de alta calidade ós nenos de Senegal, que xa puideron gozar da roupa nova nunha saída a unha praia do país africano.

A comezos de outono, grazas ás relacións persoais nunha vila pequena como Redondela, entrou en contacto un directivo do Choco con Pilar Martínez, da ONG redondelá Da Man. Tras unha conversa informal, o club puxo a disposición da entidade solidaria unhas equipacións practicamente novas que quedaron sen uso. Ademais son prendas deportivas de boa calidade. 

A partir de aí, unha vez entregadas, foi a ONG Da Man a que realizou o seu habitual traballo para facer chegar as prendas de roupa ata Senegal. Nos últimos días, a familia do Choco recibiu as fotografías nas que os rapaces do país africano gozaban das prendas de roupa doadas pola entidade. 

“Un pequeno xesto, que fai feliz ós cativos”
Iván Crespo, presidente do Choco, indicou que “é un pequeno xesto, que custa moi pouco e que fai feliz ós cativos que o precisan. Foi unha ledicia cando nos chegaron as fotografías”. Deste xeito, o club colaborou cunha causa solidaria e agora os rapaces de Senegal teñen unhas camisolas para utilizar nas súas saídas á praia e as diferentes actividades que realicen na vida cotiá. Seguro que, nuns anos, tamén aparece algún seareiro do equipo no país africano. 

O Choco tamén quere destacar o gran traballo que realiza unha organización como Da Man e os seus voluntarios porque, de xeito desinteresado e poñendo toda a vontade do mundo, axudan a persoas que realmente o precisan e, especialmente, ós nenos. A súa tarefa é encomiable e toda axuda que os redondeláns podamos prestar é pouca. 

Aparicións na prensa:
Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/deportes/2016/12/22/pequeno-gran-gesto-choco/1592785.html

Atlántico Diario: http://www.atlantico.net/articulo/deporte-local/redondela-senegal/20161222093731564429.html

La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2016/12/21/solidaridad-choco-llega-senegal-forma-camisetas/00031482350824254235239.htm

Galifútbol: http://www.galifutbol.com/tercera-division-noticias/item/20507-la-parte-mas-solidaria-del-cd-choco.html

 

Barco 0 - Choco 0

Barco: 
Sabater, Cristóbal, Loza, Navarro, Pablo Álvarez, Adil, Rubén García, Javi Recamán, David Álvarez (Expósito, min. 83), Vales, Tato (Ballesteros, min. 70). 
Choco:
Cortegoso, Gonzalo, Lucas, Gándara, Yago Vázquez, Alberto Suárez, Rober, Juan Feijóo (Félix, min. 66), Comis, Marcos (Oki, min. 62), Óscar (Silva, min. 55). 
Árbitro:
Daniel García Lesta. Amonestou a Oki e Comis polo Choco. Sen tarxetas para os futbolistas do Barco. 

A nova equipación

O ano de fundación, os viadutos e os chocos, elemenos introducidos na  equipaxe presentada na sede de ICON, patrocinador principal do club

Unha expedición do Choco formada por catro futbolistas do primeiro equipo (Alberto Rey, Rober, Óscar Pérez e Ricar) e o presidente, Iván Crespo, acudiron a sede de ICON situada na rúa Hispanidade de Vigo para presentar a nova equipación do equipo e entregar unha camisola ós responsables da firma, que é o principal patrocinador do club. 

O Choco dispón esta tempada de tres equipacións e todas elas teñen os mesmos elementos innovadores, que foron introducidos na vestimenta. O primeiro deles é unha imaxe do viaduto de Redondela. Deste xeito, o equipo levará na parte traseira da camisola o elemento que dá o sobrenome de 'Vila dos Viadutos' á localidade. 

O segundo elemento estará no pantalón e está claramente entroncado coa entidade deportiva. A imaxe da denominación de orixe 'Choco de Redondela' está impresa no pantalón de todas as equipacións e, deste xeito, o club publicitará o molusco ó que débelle o nome. Ademais, no peito introdúcese o nome da entidade 'Club Deportivo Choco' co ano de fundación 1953. 

No referente ós patrocinadores, as camisolas levarán ICON -firma de produtos profesionais de perruquería- no peito. Ademais dos logos da Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela, que colaboran coa entidade. 
    
Tres equipaxes distintas
Outra das novidades para a presente tempada é que o Choco optou por a creación de tres equipaxes pola coincidencia da segunda con outros conxuntos. A principal continúa sendo a vermella que caracteriza ó club dende o seu nacemento.  A segunda camisola é azul con pantalón da mesma cor ou branco e medias azuis, mentres que a terceira, estreada no partido ante o Bergantiños, é amarela con pantalón branco e medias da mesma cor. Todas as variacións teñen os elementos anteriormente descritos. Ademais, os porteiros tamén teñen tres opcións de equipaxe distintas. 

Iván Crespo: “Queremos reflectir o municipio”
O presidente do Choco, Iván Crespo, indicou que “as nova equipación recolle símbolos de Redondela, con ela queremos reflectir ó municipio, ser un referente e tamén levar a Redondela e os seus elementos a todos os lugares ós que viaxamos”. Ademais o dirixente quixo agradecer a ICON “o seu apoio unha tempada máis, é de gran axuda para a continuidade do club”. 

Choco 5 - Silva 2

Choco:
Cortegoso, Gonzalo, Yago Vázquez, Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober (Félix, min. 78), Gabi Misa (Oki, min. 75), Comis, Marcos Pérez, Óscar Pérez (Silva, min. 68). 
Silva:
Seijoso, Cardelle (Fleitas, min. 72), Alberto Varela (Cuesta, min. 46), Bernardello, Larusso, Michi Leal, Gagino (Real, min. 35), Brais, Zanelli, Andrade, David García. 
Goles:
1-0, min. 14: Comis; 2-0, min. 18: Rober; 3-0, min. 26: Alberto Varela, en propia puerta; 3-1, min. 42: Brais; 3-2, min. 50: David García; 4-2, min. 67: Óscar Pérez; 5-2, min. 74: Silva. 
Árbitro:
Sául López Parga. Mostró cartulina amarilla a Gándara, Gabi Misa, Silva y Lucas del Choco y a Larusso, Andrade y Cuesta, del Silva. 

Bergantiños 1 - Choco 0

Bergantiños: 
Cristopher, Facal, Castro, Prieto, Iago López, Martín Golpe, Roberto Piñeiro (Rivas, min. 65), José Míguez, Jorge Sáez, Iago Blanco (Fraga, min. 82), Nacho Fernández (Rodrigo Alonso, min. 61). 
Choco: 
Cortegoso, Carlitos, Yago Vázquez, Molinos (Alb erto Rey, min. 8), Gándara, Alberto Suárez, Rober, Juan Feijóo (Félix, min. 69), Comis, Marcos Pérez (Richi, min. 59), Óscar Pérez.
Gol:
1-0, min. 41: Iago Blanco. 
Árbitro:
Javier Pérez Prado. Mostró cartulina amarilla a Sáez, Prieto, Fraga y Cristopher por el Bergantiños y Óscar Pérez por el Choco.

Derrota en Carballo ante el Bergantiños. Lesión muscular de Molinos, en los próximos días se nocerá la gravedad. 

Choco 1 - Compostela 1

Choco: 
Cortegoso, Gonzalo, Yago Vázquez, Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober, Gabi Misa (Juan Feijóo, min. 78), Félix (Comis, min. 62), Marcos, Óscar Pérez (Silva, min. 71). 
Compostela:
Lucas Díaz, Seoane, Cabrejo, Manu Rodríguez (Lamas, min. 15), Santi Taboada, José Vives, Gonzalo (Diego Rey, min. 84), Julián, Tomás Abelleira, Ubeira, Mitogo (Nogueira, min. 71).
Goles:
1-0, min. 5: Rober; 1-1, min. 16: Tomás Abelleira. 
Árbitro:
José Manuel Cives Enjo. Amosou cartón amarelo a Óscar Pérez polo Choco e a Vives, Tomás Abelleira e Ubeira polo Compostela. 
Incidencias:
Partido correspondente á décimo sexta xornada. 

María Figueroa, representante do Choco no comarcal de seleccións de Santa Mariña

Os campos de Redondela acollen o Campionato de Seleccións Comarcais sub-15 este martes con competición desde as 10:00 ata as 20:00 horas

O campos de Santa Mariña en Redondela acollen este martes a primeira fase do Campionato de Seleccións Comarcais de categoría sub-15, no que o club anfitrión do Choco estará representado pola futbolista local María Figueroa Rodríguez na selección de Vigo feminina. A futbolista é unha habitual neste tipo de torneos e nesta tempada milita no cadete B do club. 

A competición foi presentada este luns no concello de Redondela. En representación do Choco estivo o seu presidente, Iván Crespo. No acto tamén estivo o alcalde de Redondela Javier Bas e o concelleiro de Deportes, Julio Mougán. O fútbol en Santa Mariña comezará ás 10:00 horas cun dobre enfrontamento entre os equipos de Vigo e Pontevedra. Na selección feminina estará a local María Figueroa. Os partidos sucedéranse ó longo da mañá ata preto das 21:00 horas na que rematará o último encontro do torneo, que estará protagonizado polas seleccións masculinas de Ferrol e Lugo.

O formato de competición é unha liga con dous partidos por selección. O combinado da comarca de Vigo masculino ten previsto os seus partidos ás 10:00 e as 16:00 horas ante Pontevedra e Lugo, mentres que o feminino xogará ás 10:00 e as 19:00 horas, ante Pontevedra e Ferrol.

María Figueroa
María Figueroa é unha futbolista en idade cadete que milita no Choco e que, ademais dos partidos coa selección comarcal de Vigo, tamén é habitual da selección galega. A súa posición é de mediocentro e destaca pola capacidade de colocación e roubo do esférico. Este ano recibiu ó premio á Mellor Deportista Promesa feminina na I Gala do Deporte de Redondela.  

Carmela a do 'Porrón' é a socia número 1

O Choco culmina a campaña de abonos con agasallos con 514 socios, o que supón un incremento de 30 (6%) en relación a anterior tempada

O Choco finalizou o pasado domingo a creativa campaña de abonos Quen é a muller da foto? na que propoñía un concurso-adiviña no que todas as persoas que formalizaron o seu carnet para a presente tempada tiñan a posibilidade de acceder ós agasallos que ofrecía a entidade en caso de acertar a identidade da muller da fotografía. 
    A modelo para esta campaña é unha persoa especial e moi querida para toda a familia do Choco porque trátase de Carmela Rafael, máis coñecida como Carmela a do 'Porrón'. Na actualidade é a socio número 1 da entidade de Redondela e a súa relación co equipo ven de moi antigo cando, ademais de acudir ó campo como seareira, tamén cociñaba os polos que tiñan por costume comer os futbolistas despois dalgún partido. 
    Para realizar esta campaña, Carmela amosouse encantada en colaborar co equipo de fútbol dos seus amores e ademais engadiu que “sempre que teño a posibilidade axudo ó deporte porque é moi necesario para os nenos”. Para toda a familia do Choco foi unha honra poder contar coa axuda da socia con máis anos na identidade e que xa acudía a Santa Mariña cando o campo era un terreo de terra ó lado da marisma e frecuentemente asolagado polas enchentes do río ou da marea alta. 
    
Socios e sorteo
Nos vindeiros días o club de Redondela procederá ó reconto de todas as persoas que acertaron a adiviña entre os socios e procederá ó sorteo dos agasallos entre os que está un abono de balde para todo o ano ou unha camisola da entidade. Na actualidade, o Choco dispón de 514 abonos, o que supón un incremento dun 6% en relación a pasada tempada. Se aínda queda algunha afeccionado interesado en tramitar o carnet pode dirixirse ás instalacións da entidade en Santa Mariña ou poñerse en contacto pola rede. Iso si, non poderá acceder ós premios da xa finalizada a campaña de abonos.